15 MAIO 2017
Dentro do obxectivo de seguir mellorando a Educación pública, o coordinador lucense vén de asistir á reunión da Comisión Rexional, liderada polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez.
A finalidade, poñer en común os avances e novas relevantes nesta materia, pois dende o Partido Popular, convencidos de que eles son o futuro de mañá, estamos a traballar para que a Educación que se presta aos nosos rapaces sexa de calidade.